Thursday 02 de May de 2024

Gran éxito do IV Festival de Músicas Modernas da escola municipal de música Magariños


A derradeira cita terá lugar o venres 8 de marzo, ás 20:00 horas, coa actuación de Mr Vieito Jazz Quartet no centro social polivalente

Gran éxito de público no IV Festival de Músicas Modernas “Brion Open Music 24”, organizado pola escola municipal de música Magariños en colaboración co Concello de Brión. Tras as actuacións de grupos como Os Bregadiers e Pablo Sanmamed Trío, onte xoves foi a quenda dos músicos locais, coa actuación dos combos do alumnado da ESMU Magariños e da Big Band, que encheron a sala de concertos da propia escola municipal.

Para o venres 8 de marzo, ás 20:00 horas, queda a actuación de Mr Vieito Jazz Quartet que, cos seus ritmos de jazz, será o encargado de pechar o IV Festival de Músicas Modernas “Brion Open Music 24”. A actuación terá lugar no auditorio do centro social polivalente de Brión e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

O IV Festival de Músicas Modernas “Brion Open Music 24” estivo organizado pola escola municipal de música Magariños en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.